Financiado por:
/ Portada / IDi

O primeiro tecido que se adapta a se unha persoa ten frío ou calor

20-09-2019 - I+D+i

Unha investigación liderada dende a Universidade de Maryland en College Park (EE. UU.) desenvolveu por primeira vez un tecido que é capaz de regular automaticamente a temperatura de quen o leva en función de se ten frío ou calor.

Os investigadores crearon unhas fibras de  polímero recubertas de  nanotubos de carbono, un  nanomaterial con propiedades de metal. Estas fibras sensibles á radiación infravermella, a que produce calor, e por tanto son capaces de responder aos cambios de temperatura. A estrutura das fibras tamén as fai sensibles á humidade.

Se as fibras quéntanse ou se humedecen, como pode ocorrer se unha persoa ten calor e súa, contráense. Iso alarga os espazos entre fíos e permite que se disipe máis rápido a calor corporal.

Se, pola contra, as fibras están frías e secas, o fío expándese e péchanse os espazos entre fibras. Así, o tecido evita que se escape a calor corporal.

“O corpo humano é un perfecto radiador. Emite calor moi rápido”, declara nun comunicado uno dos autores  da investigación e profesor na Universidade de  Maryland. “Durante toda a nosa historia, a única forma de regular ese radiador foi poñernos ou quitarnos roupa”.

Ao poñer o tecido a proba, os científicos comprobaron que este pode chegar a modular nun 35% a irradiación de calor do corpo humano. A reacción das fibras é inmediata, polo que, segundo afirman os investigadores, ao quentarse empeza a arrefriar o corpo antes de que quen o leva se dea conta de que ten calor.

As fibras pódense tecer, tinguir e lavar de forma similar a outros tecidos que se utilizan para fabricar roupa a nivel comercial.

Os resultados preséntanse na revista  Science (achegamos ligazón).

Fonte: A VANGUARDIA

Foto:  Fay  Levine.  University  of  Maryland

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS