Financiado por:
/ Portada / IDi

O Laboratorio para o Descubrimento de Novos Materiais -NOMAD-, creará unha enciclopedia de novos materiais

18-11-2015 - I+D+i

O NOMAD, é un novo centro europeo de excelencia, que reúne a físicos, químicos, informáticos, expertos en ciencia dos materiais e informáticos co obxectivo de elaborar unha enciclopedia de materiais e desenvolver ferramentas avanzadas para a análise de macrodatos que faciliten o descubrimento, a creación e a utilización de novos materiais.

Está formado pola Sociedade Max Planck, líder do proxecto, o University College (Londres), a Universidade Humboldt (Berlín), a Universidade de Cambrigde, a Universidade de Barcelona, a Universidade Aalto (Helsinqui), a Universidade Técnica de Dinamarca, o Leibniz Supercomputing Centre, o centro de supercomputación finlandés CSC- IT Center for Science, o Barcelona Supercomputing Centre e a empresa británica Pintail.

O proxecto, financiado con case cinco millóns de euros polo programa europeo Horizonte 2020, desenvolverase durante un período inicial de tres anos no que crearán unha enciclopedia de materiais que caracterizará en profundidade as propiedades de cada material e permitirá realizar procuras de materiais que presenten determinada propiedades e desempeñen certas funcións para conseguir propósitos industriais ou científicos específicos.

A Universidade de Barcelona será a encargada de incorporar e unificar os códigos de química cuántica e da visualización de resultados para que poidan consultarse na base de datos de NOMAD,

Ademais, os científicos deste novo centro de excelencia elaborarán ferramentas que permitirán identificar estruturas e patróns ata agora descoñecidos no amplo espectro dos compostos químicos; o que desempeñará un papel crave á hora de identificar  materiais novos e prometedores. NOMAD contribuirá á identificación de fenómenos físicos novos, permitirá avanzar en ciencia e enxeñería dos materiais, e proporcionará novos aparellos e produtos tecnolóxicos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS