Financiado por:
/ Portada / IDi

Novos materiais para a construción a partir de xeso mesturado con residuos poliméricos que melloran as súas propiedades illantes.

06-06-2013 - I+D+i

O Grupo de Investigación en Enxeñaría da Edificación da Universidade de Burgos patentou dous novos materiais para a construción, xesos aos que suman residuos de polímeros procedentes de distintas industrias.

En concreto, desenvolveuse un xeso mesturado con poliamida en po reciclada e un xeso alixeirado no que se incorporan escumas ríxidas de poliuretano, materiais ambos os dous que melloran as propiedades de illamento térmico.

Como explica a DiCYT a investigadora Verónica Caldeirón, trátase de residuos poliméricos procedentes de diversas industrias que se aproveitan para fabricar un novo produto. En primeiro lugar, os investigadores analizan o residuo de polímero, estudan a súa granulometría e a súa composición química e comproban se é compatible ou non co xeso.

Posteriormente mesturan xeso, auga e diferentes substitucións de xeso polo polímero en po, conseguindo "materiais máis lixeiros que illan termicamente moito máis", ao tempo que "manteñen o illamento acústico". Con este material, o grupo de investigadores fabricou e posto en obra placas de xeso laminado, placas que polo momento "parecen ter unha moi boa durabilidade".

Os investigadores, que levan traballando nesta liña dende 2009, patentaron por un lado xeso de construción fabricado a partir de sulfato cálcico dihidratado con diferentes substitucións de xeso por poliamida en po reciclada. A poliamida é un polímero de reciclado complexo, o que supón un custo elevado e que en moitas ocasións remate nun vertedoiro sen un uso maior. A súa utilización como material para a construción supón por tanto unha opción alternativa "que presenta moitos aspectos positivos, coma unha menor densidade do material, que facilita a posta en obra e o transporte cara a esta, así como unhas mellores propiedades de illamento térmico e acústico".

Por outro lado, patentaron xeso alixeirado que incorpora residuos industriais de escumas ríxidas de poliuretano. Os residuos poliméricos escumados mestúranse tras o seu moído co xeso a diferentes granulometrías en función do seu uso. O poliuretano escumado, recordan os investigadores, emprégase de xeito independente como illante no sector da construción, polo que mesturado con xeso podería competir con outros produtos máis tradicionais.

Concretamente, este material baseado en xeso e escumas de poliuretano foi presentado recentemente no Innovation Center de la Feria de Construmat 2013, en Barcelona. O Grupo de Investigación en Enxeñaría da Edificación da Universidade de Burgos foi un dos 12 centros tecnolóxicos e universidades de todo o mundo seleccionados para presentar as súas investigacións no campo dos novos materiais con residuos poliméricos.

 

Fonte de Datos: construible.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS