Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Novo sistema de desalinización para producir auga potable máis barata

04-10-2023 - I+D+i

O equipo internacional de Lenan Zhang, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) en Estados Unidos, desenvolveu un dispositivo alimentado por enerxía solar que evita os problemas de obstrución por sal que sofren outros deseños. Estes enxeñeiros aspiran a converter a auga de mar en auga potable cun dispositivo completamente pasivo inspirado na propia dinámica marítima e energizado polo sol.

Aproveitar auga de mar para obter dela auga potable sempre foi unha opción desexada pero que se viu entorpecida polo alto custo económico da auga así obtida. Unha nova tecnoloxía podería marcar un antes e un despois nesta cuestión.

A configuración do novo dispositivo permite que a auga circule en remuíños, de forma similar á circulación termohalina do mar, a cal é moito máis ampla. Esta circulación no dispositivo, combinada coa calor do sol, fai que a auga se evapore e deixe sal. O vapor de auga resultante pode condensarse e recollerse como auga pura e potable. Mentres tanto, o sal sobrante segue circulando a través do dispositivo e fóra deste, no canto de acumularse nun punto do dispositivo e obstruirlo.

O novo sistema produce máis auga potable e rexeita máis sal que todos os demais sistemas de desalinización solar pasiva inventados ata o de agora.

Os investigadores/as calculan que unha versión do dispositivo que teña o tamaño dunha maleta pequena podería producir entre 4 e 6 litros de auga potable por hora e durar varios anos antes de necesitar pezas de reposto. A esta escala e con este rendemento, o sistema podería producir auga potable a bo ritmo e a un prezo máis barato que o típico que pagan moitos usuarios de redes comerciais de distribución de auga.

Fonte: NCYT de Amazings

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS