Financiado por:
/ Portada / IDi

Nova tecnoloxía de reciclaxe de pneumáticos

22-05-2013 - I+D+i

Un método de reciclaxe de pneumáticos desenvolvida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa Enreco 2000 foi seleccionado polo Foro Económico de Astaná como unha das mellores tecnoloxías da Unión Europea susceptibles de aplicación industrial.

Este proxecto estará presente no VIII Congreso de Innovación que alberga este foro internacional e que se celebra durante esta semana na capital de Kazakstán.

"O método de reciclaxe desenvolvida consiste en someter aos pneumáticos fóra de uso a un proceso térmico para convertelo en combustibles e gases capaces de xerar enerxía eléctrica. A través de dúas etapas consecutivas, destilación e gasificación, conséguese o total aproveitamento enerxético dos pneumáticos", explica o investigador do CSIC Félix López, do Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas, responsable do proxecto.

Da primeira fase, a destilación, resulta un aceite que se obtén mediante condensación a baixa temperatura da fracción volátil, que posteriormente se transforma en gasolina e diesel. Despois, na segunda etapa, os gases que non fosen condensados transfórmanse en enerxía eléctrica, mentres que o residuo sólido, denominado char, se transforma en gas combustible mediante un proceso de gasificación.

Problema ambiental

En España prodúcense unhas 240.000 toneladas de pneumáticos ao ano. As dificultades que presenta o reciclado, reutilización e eliminación desa cantidade de pneumáticos unha vez están fóra de uso supoñen un grave problema ambiental debido á toxicidade das emisións por combustión ou incineración.

Segundo López, a tecnoloxía desenvolvida é totalmente innovadora, tanto nos aspectos conceptuais do proceso coma nos de enxeñaría e deseño. "A principal vantaxe é que non xera residuos nin emisións, e transforma o pneumático en combustibles e enerxía eléctrica. Polo tanto, contribúe á diminución das emisións de CO2, engade o investigador.

 

Fonte: Redacción ambientum.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS