Financiado por:
/ Portada / IDi

Nova metodoloxía para elaborar mapas de vento

17-06-2015 - I+D+i

O ICEI, grupo de investigación de Instrumentación Industrial Computacional e Electrónica da Universidade de Cádiz, propuxo unha nova metodoloxía para caracterizar o comportamento do vento con variacións cada hora e nun radio de 20 quilómetros.

Normalmente, os mapas de vento recollen características máis xerais ou a maior escala, pero para mellorar a produción da enerxía eólica son necesarios parámetros máis concretos e isto é o que aporta esta investigación.

Segundo Agustín Agüera , responsable do proxecto, "É indispensable coñecer como cambia o vento en media hora, se as variacións se producen de forma brusca ou de forma continuada ou que incerteza haberá na dirección. Estes factores son imprescindibles para a configuración dun parque eólico e o mellor aproveitamento da enerxía".

Para isto, os investigadores propoñen dous novos parámetros: o índice de complexidade temporal, que captura as variacións velocidade e de dirección do vento que, cada hora, se dan nun lugar concreto, e o índice de complexidade espacial que mide os cambios de vento nun radio de 20 quilómetros; utilizando para iso datos de dous satélites da Organización Europea para a Explotación de Satélites Meteorolóxicos.

A zona de probas localizouse no Estreito de Xibraltar, onde se obtiveron datos dende xuño de 2013 ata maio de 2014. Trátase dun enclave onde, segundo a UCA, a interacción do vento do mar coa costa é moi interesante debido á confluencia de varios elementos naturais.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS