Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Nova célula de combustible de hidróxeno, un paso máis cara ao desuso dos combustibles fósiles

01-04-2022 - I+D+i

As células ou celas de combustible de hidróxeno son dispositivos de conversión de enerxía que producen electricidade ao combinar electroquímicamente o hidróxeno co osíxeno do aire. Do mesmo xeito que outros vehículos eléctricos, os vehículos con célula de combustible de hidróxeno non emiten gases con efecto invernadoiro nin contaminan doutras maneiras.

Debido a que as células de combustible de hidróxeno correntes non poden funcionar ben a temperaturas maiores duns 80 graos centígrados ou mesmo menos, requiren grandes radiadores para disipar calor e tomas de aire para ventilar e refrixerar, a fin de que poidan manter a súa temperatura o bastante baixa como para funcionar correctamente. Isto reduciu moito a súa competitividade comercial fronte aos motores tradicionais de gasolina, en especial en vehículos como autobuses e camións.

Con todo, agora parece que a situación vai comezar a cambiar, xa que o equipo de Yu Seung Kim, do Laboratorio Nacional dos Álamos en Estados Unidos, conseguiu crear unha nova célula de combustible, baseada en polímeros, que é capaz de seguir funcionando ben a temperaturas máis altas.

A nova célula de combustible é capaz de operar a temperaturas de ata 160 graos centígrados. Ademais de resolver o vello problema do sobrecalentamiento, a nova célula de combustible supera en densidade de potencia ás mellores células convencionais.

Mentres que hoxe en día os motores eléctricos convencionais son, de entre as opcións non contaminantes, unha boa opción para automóbiles e outros vehículos que non deban cubrir moitos quilómetros diarios nin consumir moita enerxía, as células de combustible de hidróxeno son máis útiles para vehículos con maior consumo enerxético, por exemplo autobuses e camións, podendo así mesmo ser aplicables no futuro a trens, barcos e aeronaves.

Yu Seung Kim e os seus colegas expoñen os detalles técnicos da súa nova célula de combustible na revista académica Nature Energy, baixo o título “Protonated phosphonic acid electrodes for ión- pair high temperature polymer electrolyte membrane fuel cells”.

Fonte: NCYT de Amazings

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS