Financiado por:
/ Portada / IDi

Modelo matemático para estimar a probabilidade que ten un determinado entorno de sufrir un incendio

27-07-2015 - I+D+i

Un equipo de investigadores do Centre Tecnològic Forestal de Catalunya (CTFC) e do Grupo de Actuacións Forestais dos Bombeiros da Generalitat de Catalunya (Graf) desenvolveron un modelo matemático que pode estimar a probabilidade que ten unha paisaxe de padecer un determinado tipo de incendio. A ferramenta pode servir tanto para mellorar a planificación das tarefas de extinción como para adoptar as medidas de prevención oportunas.

O traballo, que foi publicado na revista International Journal of Wildland Fire, indica que existe un patrón para cada un dos tres tipos de propagación de incendios forestais identificados polos bombeiros: conducidos polo vento, pola forma do terreo ou pola cantidade de combustible dispoñible.

Así, segundo os autores do traballo, os incendios conducidos pola forma do terreo dependen de factores como a pendente e a orientación das vertentes; son os menos perigosos e mais fáciles de controlar. Os incendios que se dan en lugares onde se acumula moita biomasa propaganse en todas as direccións  e de xeito virulento; son os considerados mais perigosos. Por último, os incendios que se propagan co vento, dependen de factores que non se poden modificar, como o vento e a topografía; son difíciles de controlar, pois o vento pode cambiar de dirección e intensidade repentinamente; neste caso a xestión preventiva é un reto, derivado da dependencia de variables climáticas difíciles de xestionar.

Coñecendo as variables que provocan os incendios, poderanse aplicar as medidas de xestión mais axeitadas tanto nas actuacións dos bombeiros nun incendio como na prevención deste tipo de sinistros.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS