Financiado por:
/ Portada / IDi

Impulsar a substitución de substancias altamente sensibilizadoras presentes nas resinas epóxicas

12-07-2013 - HIXIENE

As resinas epóxicas son utilizadas amplamente en sectores emerxentes, como a produción de muíños de vento, o sector da electrónica, a industria, a madeira, a restauración e a construción. Poden causar reaccións cutáneas alérxicas graves.

En Alemaña estimouse que os custos do tratamento de enfermidades cutáneas relacionadas con estas substancias foi de catro millóns de euros en 2011, ou o dobre se se teñen en conta os custos do absentismo laboral para as empresas. Agora ben, non se dispón de datos sobre tales substancias.

Coa «Iniciativa sobre a nova calidade do traballo» en Alemaña, púxose en marcha e probou un sistema que permite avaliar comparativamente os constituíntes das resinas epóxicas. Os resultados obtivéronse mediante análise in viva, in vitro e in silico.

Analizáronse así mesmo os datos obtidos en seres humanos (incluídos unha gran cantidade de datos facilitados pola asociación dermatolóxica IVDK) e un comité director avaliou a súa pertinencia práctica. Para cubrir algunhas lagoas de datos, púxose en marcha un programa piloto de probas selectivo cunha serie de diluíntes reactivos.

Clasificáronse 46 das 51 substancias presentes nos sistemas de resinas epóxicas; máis da metade foron asignadas a unha categoría por defecto de alta potencia (categoría «HS») debido á ausencia de datos apropiados e 16 substancias foron asignadas directamente a «HS». Algúns exemplos son o bisfenol A e a resina F, o bisfenol-A-epiclorohidrina MW 340, a etilendiamina, a dietilentriamina, a trimetilhexametilendiamina, a trietilentetramina, a isoforona diamina, a m-xilidendiamina, o anhídrido ftálico, o anhídrido tetrahidroftálico, o anhídrido hexahidroftálico, o 1,4-butanodiol diglicidil éter, o 1,6-hexandioldiglicidil éter, o fenil glicidil éter e o cresil glidicil éter.

Para estas substancias deberán buscarse substitutos.

O proxecto deu como resultado un procedemento que permite caracterizar as propiedades sensibilizantes de moitas substancias presentes nos sistemas de resinas epóxicas e obter datos para fins de clasificación.

Os resultados incluiranse nas bases de datos das institucións oficiais alemás da seguridade social e establecerán criterios para a selección e a etiquetaxe dos produtos epóxicos.

O Grupo INQA-Epóxidos recibe o apoio das organizacións oficiais da seguridade social en Alemaña, Austria (AUVA) e o Países Baixos (ARBOUW), os institutos de SST alemán e neerlandés (BAuA e IVAM), PlasticsEurope, a Asociación Europea de Fabricantes de Plásticos e outras asociacións nacionais de fabricantes nos sectores do metal, a electrónica, as pinturas e vernices, a construción e outras industrias relacionadas, así como os sindicatos sectoriais.

 

osha.europa.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS