Financiado por:
/ Portada / IDi

IBV deseña unha pantalla de protección facial ergonómica para centros sanitarios e residencias

09-04-2020 - I+D+i

A pantalla de protección facial deseñada por Instituto de Biomecánica de Valencia –IBV- consta dunha diadema axustable para cada usuario e unha lámina transparente que protexe a cara. Presenta unha curvatura ergonómica na parte inferior que facilita a mobilidade en posición de flexión de pescozo, deixando espazo na parte parte superior para previr a condensación.

É dun peso moi reducido e a súa fabricación é sinxela porque consta só de dous elementos que se ensamblan moi facilmente. É reciclable, de gran rixidez e transparencia, e posúe alta resistencia ao impacto, á deformación térmica ou á intemperie, entre outras propiedades.

As novas pantallas están a ser fabricadas con máquinas de corte por láser nas propias instalacións de IBV, que espera doar máis de 10.000 unidades nos próximos dous meses a centros sanitarios e residencias da Comunidade Valenciana e deixa o deseño aberto para calquera compañía que queira fabricalas.

As pantallas de protección deseñadas por IBV mostran o mensaxe “GRAZAS”, que se incluirá tamén no resto de produtos deseñados polo IBV para loitar contra o coronavirus. Así, “o IBV quere render unha pequena homenaxe a todo o persoal sanitario e ao resto de profesionais en contacto con persoas afectadas polo coronavirus, que sempre, pero especialmente nestes días tan difíciles para todos, están coidando de todos nós”, comentou a responsable de Procesos e Estratexia do IBV, Erika Martino.

IBV súmase con esta acción a unha iniciativa de cooperación entre a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e a Dirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios. “Respondemos dende o centro tecnolóxico ao reto de facilitar as doazóns de pantallas de protección facial que cumplan criterios de seguridade; tamén deseñamos o noso propio modelo de pantalla, de moi baixo custo, que ofrecemos libremente para axudar aos nosos profesionais durante a crise do COVID-19”, asegurou o Director do IBV, Javier Sánchez Lacuesta.

Fonte: Instituto de Biomecánica de Valencia

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS