Financiado por:
/ Portada / IDi

Facer fronte aos riscos psicosociais: factores de éxito e obstáculos

01-10-2012 - PSICOSOCIAL

Dous novos informes da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo analizan as razóns polas que o 74% das empresas europeas aínda non aplican procedementos para facer fronte ao estrés no lugar de traballo e a outros riscos psicosociais, a pesar de que estes formulen unha ameaza cada vez maior para os traballadores europeos.

A Enquisa europea nas empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER) axuda a encher unha importante lagoa informativa no ámbito da saúde e a seguridade no traballo.

Os datos sobre accidentes laborais e enfermidades profesionais obtéñense mediante enquisas dos traballadores e sistemas de informes, pero sábese moi pouco acerca da forma en que se xestionan na práctica os riscos para a saúde e a seguridade, en particular os «riscos novos e emerxentes», como o estrés, a violencia e o acoso no lugar de traballo.


Para levar a cabo ESENER realizáronse preto de 36 000 entrevistas con directivos e encargados de saúde e seguridade en 2009.

A enquisa incluíu centros de traballo dos sectores público e privado con dez ou máis traballadores nos 27 Estados membros, así como en Croacia, Turquía, Noruega e Suíza. Para iso facilita aos responsables políticos información comparativa entre países, á vez que pertinente para o deseño e a aplicación de novas políticas neste ámbito.


As seccións da enquisa examinan:

 


A xestión da saúde e a seguridade


. Medidas preventivas adoptadas, como o alcance da avaliación de riscos


. O compromiso da dirección en materia de saúde e seguridade


. As fontes de coñecementos técnicos, asesoramento ou información


. Os principais problemas no que se refire á seguridade e saúde no traballo

 


A xestión dos «novos» riscos psicosociais


. Principais problemas en materia de estrés, violencia e acoso no lugar de traballo


. Causas aparentes dos riscos psicosociais


. Medidas adoptadas para xestionar os riscos


. Procedementos formais existentes para evitar riscos psicosociais

 



Factores dinámicos e barreiras: que impulsa os directivos a adoptar medidas e cales son os principais obstáculos?


. Principais razóns para abordar a saúde e a seguridade e para facer fronte aos riscos psicosociais


. Principais dificultades para abordar a saúde e a seguridade e os riscos psicosociais


 


Participación dos traballadores: que medidas se adoptaron e que efectos ten esta participación?


. Características da representación «formal» (a través de representantes ou órganos electos)


. Características da participación «directa» (cando non existen representantes)


. Efectos da participación dos traballadores na xestión da saúde e a seguridade


. Recursos cos que contan os representantes.

 


A próxima edición de ESENER terá lugar en 2014. Prevese introducir algúns cambios con respecto á primeira edición, como a inclusión dun maior número de temas relacionados coa SST, a ampliación da enquisa a outros países e a introdución de novas medidas para mellorar a calidade. Manterase unha parte importante das preguntas da primeira edición para poder realizar análise de series temporais.


- Lee o comunicado de prensa


- Panorámica xeral do proxecto ESENER (Enquisa europea sobre riscos novos e emerxentes)


- Resumo en 24 idiomas


- Vídeo no que se presentan os principais resultados de ESENER

 

Fonte: Axencia europea para a seguridade e saúde no traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS