Financiado por:
/ Portada / IDi

Estudan o uso de algas mariñas para envases de produtos alimentarios

24-02-2014 - I+D+i

O proxecto, denominado Plantpack, financiado polo 7º Programa Marco da Unión Europea, céntrase no desenvolvemento de formulacións a base de extractos de algas e outros produtos como amidón para uso alimentario, aplicadas aos envases de papel, cartón e caixas de cartón e para substituír aos recubrimentos actuais, realizados con ceras petroquímicas.

A vantaxe principal do uso de produtos de orixe natural, como é o extracto de algas e o amidón, é a súa sostibilidade ambiental, fronte aos derivados do petróleo, cuxo prezo se ve sometido a constantes oscilacións.

Así mesmo, o uso de recubrimentos naturais mellora as características de sostibilidade e biodegradabilidad, tanto do recubrimento coma do envase final desenvolvido.

O Instituto Tecnolóxico da Embalaxe, Transporte e Loxística, ITINE participa neste proxecto europeo de utilización de algas mariñas para a fabricación dun recubrimento destinado a envases alimentarios.

Os resultados dos primeiros ensaios indican que a incorporación de algas mariñas e amidón ao papel e cartón ofrece propiedades positivas no mantemento destes alimentos.

O proxecto consiste no uso de algas mariñas e amidón, xunto ao papel e cartón, para obter un material consistente e que permita o seu uso en contacto con alimentos, especialmente aqueles con maior contido en graxas como embutidos, queixos ou alimentos precociñados.

Estes envases poderían recubrir os alimentos e serían 100% sostibles e respectuosos co medio.

Nesta primeira etapa do proxecto, os técnicos de varias institucións europeas que participan nel, realizaron diferentes ensaios como medidas de viscosidade, espesor, densidade, propiedades mecánicas, propiedades de barreira ás graxas dos alimentos, así como de homoxeneidade do recubrimento.

 

Fonte: ITENE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS