Financiado por:
/ Portada / IDi

Desenvolven un protector para móbiles e tablets que reduce o dano causado á retina

16-09-2013 - Ergonomía

Investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e a empresa española Tecnoloxía Sustentable e Responsable (TSR) desenvolveron o primeiro protector ocular para teléfonos móbiles, tablets e videoconsolas portátiles que reduce o dano que ocasiona na retina a iluminación destes dispositivos. O produto, denominado Reticare, sae ao mercado despois de que varios estudos científicos realizados nos últimos anos demostrasen o dano producido pola exposición directa a lonxitudes de onda curta de luz LED, emitida pola maioría de teléfonos móbiles de última xeración ou smartphones e tabletas que hai actualmente no mercado.

De feito, hai ensaios clínicos in vitro que demostraron que a exposición das células do epitelio pigmentario da retina de doantes humanos á luz LED directa de diferente intensidade durante 72 horas pode chegar a provocar a morte do 93 por cento destas células. "Aínda que estes datos non son comparables xa que o estudo fíxose con emisión directa ás células", segundo recoñece a doutora Celia Sánchez Ramos, do Departamento de Oftalmoloxía e Visión da UCM e directora do equipo investigador, son unha proba das "graves consecuencias?" que pode ter a exposición desta luz a longo prazo.
Ademais, engadiu, a deterioración que se produce é "irreversible" xa que estas células non se rexeneran, o que pode provocar unha progresiva perda de visión.
Para evitalo, a utilización deste novo protector, que se coloca sobre a pantalla do teléfono ou tableta, permite reducir a mortalidade celular até dez veces, cunha taxa de supervivencia celular do 90 por cento.
 
Fonte: Europapress

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS