Financiado por:
/ Portada / IDi

Desenvolven un illante acústico con restos de poda e propileno

06-03-2013 - HIXIENE

Un equipo de investigadores do campus de Gandia de la Universitat Politècnica de València e do Grupo LEPAMAP da Universitat de Girona desenvolveu en laboratorio un novo illante acústico que incorpora refugallos de poda de piñeiros, laranxeiras e outros residuos similares xunto con polipropileno (plástico comunmente utilizado en xoguetes, electrodomésticos e automóbiles).

Segundo as primeiras probas desenvolvidas, comparado cunha placa de xeso laminado, este novo material composto -que é 100% material reciclado- duplica a súa capacidade de illamento acústico.

Os resultados deste traballo foron publicados pola revista BioResources.

Jesús Alba, investigador do campus de Gandia da UPV, sinala que cada vez existe máis demanda de novas solucións que garantan o illamento acústico dos edificios fronte ao ruído en pro do confort dos cidadáns. "Neste sentido, os materiais compostos como o que desenvolvemos constitúen unha nova alternativa, tanto dende o punto de vista tecnolóxico como ambiental," apunta Alba.

Propiedades mecánicas e acústicas

No seu estudo, os investigadores da UPV e a UdG analizaron as propiedades mecánicas e acústicas do novo material, comparándoas coas de materiais compostos convencionais fabricados con fibra de vidro e con materiais lixeiros utilizados comunmente na edificación. "Comparado cunha placa de xeso laminado, conséguese aumentar tres ou máis decibelios, é dicir, duplicamos o illamento. E utilizado como sándwich dobre podemos cuadriplicarlo, obtendo melloras de seis decibelios ou máis," destaca Jesús Alba.

Para levar a cabo estas análises, os investigadores utilizaron AISLA, unha aplicación informática desenvolvida nos laboratorios do campus de Gandia da UPV que permite coñecer in situ o índice de redución sonora dos materiais.

"AISLA presenta unha vantaxe importante fronte á maioría de aplicacións comercializadas, e é que se poden caracterizar os materiais de forma real (con valores que se obteñen no propio laboratorio) e non con estimacións de modelos numéricos", indica Jesús Alba.

Así mesmo, debido á procedencia das materias primas coas que está construído, aplicado ao mercado trataríase dun produto economicamente moi competitivo, para o desenvolvemento de habitáculos interiores e elementos separadores de medios de transporte, entre outras aplicacións, conclúe.

 

Fonte: agenciasinc.es

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS