Financiado por:
/ Portada / IDi

Deseñan unha tea que pode quentar o refrixerar a quen a viste

19-12-2017 - I+D+i

Este material foi deseñado por un equipo dirixido un profesor de ciencia de materiais e enxeñería de Standford, interesado na eficiencia enerxética e con gran experiencia na manipulación de materiais a nanoescala. A motivación foi buscar o xeito de que as persoas puidesen manterse nun rango de temperaturas confortables, o que podería traducirse en aforros en aire acondicionado e calefacción.

No 2016 o equipo anunciou un primeiro paso cara a unha solución que ampliase o rango de temperatura que o propio corpo humano, sexa suando ou tiritando, é capaz de adaptar. Desenvolveron un tecido a partires dun material opaco e transpirable que afastaba a radiación infravermella do corpo, o que permitía arrefriar a pel. Nas probas de laboratorio, o tecido mantiña a pel artificial dous graos máis fría que unha tea de algodón. Posteriormente traballaron sobre se a capacidade de controlar a radiación podería funcionar en ambos os sentidos; así deseñaron un tecido con dúas capas de diferentes propiedades separadas por un capa de polietileno de enfriamento; empregaron unha capa de cobre para atrapar a calor entre a capa de polietileno e a pel e unha capa de carbono que libera calor debaixo doutra capa de polietileno. Se empregamos a capa de cobre cara a fóra o material atrapa a calor e permite quentarse nos días fríos. Coa capa de carbono cara a fóra, o tecido libera calor e mantén fresco ao usuario. A combinación permite aumentar o rango de temperaturas confortables en máis de 5,5 graos. A tea de cor branca, aínda non se comercializa.
A innovación, deuse a coñecer nun artigo publicado en novembro de 2017 en Science Advances; para acceder a él podes seguir esta ligazón.
A imaxe que acompaña a esta nova está extraída do artigo.
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS