Financiado por:
/ Portada / IDi

Deseñan un exoesqueleto para desenvolver as tarefas de maior peso nos procesos industriais

07-11-2013 - I+D+i

Un grupo de investigadores de sete países da UE está a traballar nun proxecto que pretende construír un exoesqueleto para realizar as tarefas de maior peso nos procesos industriais. O obxectivo do proxecto, cuxo nome é Robot-Mate, é o de diminuír o número de accidentes laborais que se producen na industria pesada, ao substituír a homes por máquinas naquelas tarefas físicas que causan serios problemas musculares. Deste xeito, conseguiríase reducir o número de baixas por este tipo de doenzas, á vez que aumentar a produtividade das compañías.

A idea é construír un compañeiro de traballo que sexa amigable e intelixente e que coopere cos humanos á hora de realizar os traballos manuais máis duros. Para iso, terían que integrase nos equipos de produción, e desenvolverse de forma natural, cómoda e rápida para os empregados. Co fin de conseguilo, os investigadores pretender combinar diferentes tecnoloxías perceptivas, cognitivas e de programación.

 

Fonte: engineering

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS