Financiado por:
/ Portada / IDi

Descuberta a causa de que o estrés remate en depresión

27-09-2012 - PSICOSOCIAL

Un estudo da Universidade de Washington describe o mecanismo molecular polo cal o estrés pode conducir á depresión. O traballo explica como un grao severo deste trastorno afecta á liberación do neurotransmisor dopamina no núcleo accumbens, unha rexión do cerebro relacionada coa recompensa e o pracer.

Ante unha situación de estrés, increméntase a actividade cardíaca, aparece sudación nas mans e a boca sécase.


Cando este estrés se mantén no tempo, a situación vólvese crónica e pode desembocar, entre outras patoloxías, nunha depresión.


Agora, científicos da Universidade de Washington (EUA) descubriron o mecanismo molecular que explica esta relación entre un estrés prolongado cos trastornos depresivos.


A investigación, publicada na revista Nature, mostra como antes de chegar a unha situación crónica, cando o estrés é agudo ou puntual, prodúcese a secreción do neurotransmisor CRH (hormona liberadora de corticotropina).


Esta molécula provoca a liberación de dopamina, comunmente asociada co sistema cerebral do pracer.


Antes de chegar a unha situación crónica, cando o estrés é agudo ou puntual, prodúcese a secreción do neurotransmisor CRH;Pero, tal e como sinala a SINC Paul Phillips autor principal do estudo, "tras o estrés prolongado", esta función reguladora da CRH pérdese, e non se libera máis dopamina, o que pode conducir á depresión. A función non volve recuperarse en meses".


Reposta negativa ao estrés agudo


Outra das consecuencias do estrés crónico é, segundo os autores, que o organismo comeza a ofrecer unha resposta de aversión á CRH. Por iso, ante novas situacións de estrés agudo -nas que se secreta este neurotransmisor- a resposta emocional é negativa, o que fomenta o estado depresivo.


"No futuro trataremos de indagar nos procesos de sinalización intracelular que causan os cambios inducidos polo estrés e buscaremos fármacos que poidan reverter o cambio", conclúe Phillips.


Fonte: www.agenciasinc.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS