Financiado por:
/ Portada / IDi

Conseguir hidróxeno a partires de aire contaminado

12-05-2017 - I+D+i

Investigadores das universidades de Anveres e KU Leuven, en Lovaina (Bélxica), conseguiron crear nun dispositivo que pode purificar o aire ao mesmo tempo que xera hidróxeno; "o aparello conta con dous espazos separados por unha membrana; nun dos espazos levase a cabo o proceso de descontaminación; os compostos que se degradan contribúen a producir hidróxeno no outro espazo", explica un dos investigadores, experto en Enxeñería aplicada ás ciencias da vida. O hodróxeno producido pode almacenarse e utilizarse máis tarde como combustible, como xa se está a facer, por exemplo, en certos autobuses.

Segundo indican os investigadores, a chave do proceso está na estrutura da membrana, que emprega distintos nanomateriais como catalizadores. Trátase dunha tecnoloxía similar á que permite extraer o hidróxeno da auga. Para funcionar únicamente é preciso expoñer o dispositivo á radiación solar.


"Na actualidade estamos a traballar a pequena escala, en superficies de poucos centímetros cadrados, pero a nosa intención é que este avance poida aplicarse a procesos industriais. Para iso tamén temos que optimizar o sistema que aproveita a enerxía solar", sinalan os investigadores.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS