Financiado por:
/ Portada / IDi

Composites máis seguros para os estaleiros

17-04-2013 - SEGURIDADE

Ata hai uns anos a lexislación relativa ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), unha normativa europea aplicable á produción e emprego de substancias químicas, impedía a utilización de composites para a construción de transbordadores e cruceiros comerciais debido ás dúbidas existentes con respecto á súa seguridade.

REACH, incluída no Convenio Internacional para a Seguridade da Vida Humana no Mar (SOAS), obrigaba a fabricar os compoñentes de navíos -como as superestruturas, os tabiques, as cubertas e as cabinas- con aceiro ou un material equivalente. O risco atribuído aos composites, en concreto aqueles con contido de escumas e plásticos, reside no seu contido de materia combustible que podería emitir gases tóxicos en caso de arder.

Non obstante, en 2002 SOAS autorizou o emprego doutros materiais distintos ao aceiro na construción de embarcacións grazas a progresos tecnolóxicos que equipasen a moitos composites co aceiro en cuestión de seguridade e incombustibilidade.

Esta e outras modificacións lexislativas deron pé aos construtores navais a experimentar con materiais lixeiros novos que cumpren coa estrita normativa de seguridade que rexe a construción de navíos de pasaxeiros.

O desenvolvemento de materiais cada vez máis lixeiros para a construción de barcos aumenta sen cesar, sobre todo en vista dos novos estándares sobre pirorretardantes publicados por SOAS, que impoñen un nivel superior de seguridade antiincendios.

O proxecto financiado con fondos europeos NANOCORE creou unha tecnoloxía de produción rendible para estruturas de panel sándwich -materiais de escuma polimérica que conteñen pirorretardantes non tóxicos e presentan propiedades mecánicas superiores- que cumpre cos novos criterios mencionados.

A maioría dos sistemas de aditivos pirorretardantes utilizados hoxe en día nas escumas poliméricas non se axustan aos novos estándares de SOAS e por iso é necesario que as escumas utilizadas na construción dos paneis sándwich, empregadas para alixeirar o peso e dotar de rixidez ás estruturas, conten cunha xeración nova de sistemas de aditivos pirorretardantes que reduzan a toxicidade dos fumes e melloren a súa resistencia ao lume.

NANOCORE traballa nun sistema pirorretardante novo composto dunha combinación de nanopartículas modificadas mediante un retardante de chama baseado no fósforo.

A tecnoloxía desenvolvida polo proxecto poderá transferirse con sinxeleza e celeridade a outros materiais poliméricos fabricados a granel como os termoplásticos, os termoestables, os composites e outras escumas para que poidan cumprir cos novos requisitos establecidos en SOAS.

De feito, o emprego desta tecnoloxía non estará limitado á construción naval. O equipo ao cargo confía en que o sistema de NANOCORE poderá outorgar propiedades relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía do lume a todo tipo de aplicacións relacionadas con materiais plásticos.

 

Fonte: prevention-world.com

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS