Financiado por:
/ Portada / IDi

Bioenerxía a partir de residuos de plátano

31-05-2016 - I+D+i

Investigadores da Universidade Politécnica de Madrid levaron a cabo un estudo no que se avalía o potencial da biomasa residual do plátano. O estudo levouse a cabo polo do grupo de Agroenergética sobre a produción de plátano na provincia do Ouro, en Ecuador. Dos resultados, publicados na revista Waste and Biomass Valorization, despréndese que do emprego deste tipo de residuos poderíase cubrir o 55% da demanda eléctrica desa provincia e o 10% da demanda de bioetanol de todo o país.

No ano 2013 producíronse 106 millóns de toneladas de plátano; a produción concéntrase en dous continentes: Asia (57%) e América (26%). Este cultivo  tropical, herbáceo e perenne, da familia das Musáceas, xera un acio unha soa vez na súa vida. Na colleita córtase a planta para descender o acio, xerándose como residuos lignocelulósicos o talo e as follas. Na pranta de empaquetado xérase outro residuo, o raquis do acio. A relación entre residuo e produto de plátano é de 2:1. Estos residuos deixanse sobre o chan ou amoréanse en vertedoiros descubertos, xerando gases de efecto invernadoiro no proceso de descomposición.

Ademais dos residuos lignocelulósicos xérase outro residuo a partir do froito que se descarta por non acadar os mínimos de calidade para a venda, entre o 8 e o 20% do total. Aínda que este residuo é válido para a alimentación animal, a maioría dos produtores deixan que se descompoña ao aire libre por razóns económicas.

Para realizar a investigación utilizáronse sistemas de información xeográfica; a mostraxe e levantamento de datos realizouse en campo, na provincia do Ouro, co fin de determinar a relación de residuo e produto; e a composición química da biomasa e a súa poder calorífico inferior estudouse en laboratorio.

Con toda esta información determináronse as hectáreas dedicadas ao cultivo, a súa concentración así como a viabilidade de transporte dos residuos dende as zonas produtoras a potencias enprazamentos de plantas de transformación, resultando este viable ata unha distancia máxima de 20 km.
Tamén se restrinxiu a cantidade de biomasa que se pode utilizar con fins enerxéticos, asumindo que o 36% dos residuos dedícase a actividades agrícolas. Finalmente, fixáronse dous puntos candidatos de emprazamento de plantas de xeración de enerxía eléctrica a partir da biomasa lignocelulósica e de produción de bioetanol a partir do rexeitamento de plátano.

Os resultados do estudo amosan que para un área potencial aproveitable de 38.604 hectáreas, se xerarían 190.102 toneladas ao ano de plátano descartado (materia fresca) e 198.602 de biomasa lignocelulósica (materia seca). Poderíanse chegar a producir 19 millóns de litros de bioetanol, e a potencia instalada das dúas plantas eléctricas podería chegar a 18 megawatts.
En opinión dos investigadores, "se isto chegase a materializarse poderíase cubrir o 55% de demanda eléctrica da provincia do Ouro e o 10% da demanda de bioetanol de Ecuador. Ademais, contribuiría a diversificar a matriz enerxética do país, xeraría postos de traballo, dinamizaría a economía local e contribuiría ao desenvolvemento rural, sendo estas algunhas das premisas da bioenergía e a bioeconomía".

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS