Co financiamento de:
/ Portada / Formación

Un novo informe da EU-OSHA examina o enfoque escolar holístico en materia de SST e educación.

17-06-2013 - EU-OSHA

Para dotar aos mozos con técnicas, coñecementos e actitudes en materia de SST, a educación sobre riscos debe incorporarse ao currículo escolar, a partir da escola primaria. O enfoque escolar holístico da SST integra a educación sobre riscos e a xestión da seguridade e a saúde na escola en todas as actividades escolares, así como o seu funcionamento, converténdoas en parte integrante da vida escolar.

Ademais, implica activamente ao persoal e aos alumnos na xestión da seguridade na escola. Este enfoque mellora así tanto a educación sobre riscos coma o ámbito de aprendizaxe do persoal e os alumnos.

EU-OSHA publicou un informe que presenta e analiza en profundidade casos nos que se aplica o enfoque escolar holístico.

No informe examínase así mesmo a inclusión da educación sobre riscos e a xestión da seguridade escolar nun enfoque escolar holístico 'conxunto' que inclúe temas como a educación e promoción da saúde, a prevención da violencia e o acoso ao persoal e os alumnos, e tamén o desenvolvemento sostible e as cuestións ambientais.

Acceso ao informe.

 

FONTE: AXENCIA EUROPEA DE SAÚDE E SEGURIDADE NO TRABALLO

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS