Curso gratuíto de teleformación: PLAN DE EMERXENCIA21-10-2020 - TELEFORMACIÓNO Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG) abre a matrícula para o curso gratuíto de teleformación: Plan de emerxencia, que dará comezo o vindeiro 27 de outubro de 2020. |
|---|
Un Plan de Emerxencia é un conxunto de accións ordenadas a realizar polo persoal do centro de traballo, no caso de que se produza un sinistro. O seu obxectivo final é fundamentalmente minimizar no posible os danos aos clientes, ao persoal traballador e ás propias instalacións.
A gran importancia do Plan de Emerxencia radica en que constitúe unha maneira de entrenar e estandarizar a reacción que deben ter as persoas que se atopan no momento da emerxencia nas instalacións do centro de traballo, ofrecendo confianza ás persoas traballadoras e reducindo a aparición de importantes riscos en situación dun gran perigo para a vida e a saúde das persoas.
Este curso ten data de inicio 27 de outubro de 2020. Estará dispoñible para a súa realización entre os días 27 e 30 de outubro.
As persoas que estean interesadas en realizar o curso deberán facilitarnos os datos que se relacionan no PDF adxunto e remitirnos os mesmos coa data tope do día 23 de outubro ás 13:00 horas.
PROGRAMA
TEMA 1
1. Introdución.
1.1. Lexislación.
TEMA 2.-
2. Plan de Autoprotección.
2.1. Aspectos primordiais a ter en conta
2.2. Contidos do Plan de autoprotección: avaliación do risco
2.3. Descrición do Plan de autoprotección
2.4. Medios de protección
TEMA 3.-
3. Plan de Emerxencia.
3.1. Contido do plan de actuación ante emerxencias
3.2. Instalacións de emerxencia
3.3. Dotación e características
TEMA 4.-
4. Implantación. Simulacros.
4.1. Plan de implantación
4.2. Simulacros
TEMA
5.-
5. Manexo de extintores.
5.1. Condicións de protección contra incendios nos edificios
5.2. Medios de extinción