Financiado por:
/ Portada / Formación

Xornada técnica : a acción do delegado@ de prevención: unha necesidade

17-02-2015 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral-CIG

Os días 10 e 11 de febreiro tivo lugar en Ourense o 10º Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, PREVISEL. Como ven sendo habitual , a CIG estivo presente no salón a través da xestión dun stand no que os asistententes que se achegaron puideron coñecer a actividade que se desenvolve na CIG en materia de prevención de riscos e saúde laboral así como diversas publicacións editadas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. Así mesmo, organizouse dentro deste marco a Xornada Técnica: A acción do delegad@ de prevención: unha necesidade.

Abriu a xornada a Técnica de prl do Gabinete en Ourense Liliana Lafuente, que deu paso a unha mesa redonda coloquio na que participaron Alfonso Tellado Sande (xubilado do sector naval e  anterior director do Gabinete), César Blanco López (extraballador do sector da pizarra e membro do comité de empresa ) e Filomena Cid Conde (delegada de prevención e membro do comité de empresa do sector téxtil), moderados polo Técnico de prl e membro da Executiva Confederal da CIG Anxo Pérez Carballo.  O Secretario Comarcal da CIG en Ourense, Etelvino Blanco, foi o encargado de pechar esta xornada.

A xornada resultou un éxito de participación, desbordando as nosas expectativas máis optimistas. Agradecemos sinceiramente aos asistentes a súa participación no evento e, por suposto,  aos ponentes a súa boa disposición a colaborar e o seu bo facer que conqueriu achegar ás persoas que acudiron, as súas experiencias en relación ao traballo do delegado de prevención na defensa da saúde laboral. 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS