Financiado por:
/ Portada / Formación

Suspendidas todas as accións formativas presenciais, no referido aos cursos de Formación en PRL

13-03-2020 - FORMACIÓN

O Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, comunícanos con data 13 de marzo que: “Diante da situación orixinada polo Coronavirus, informámoslles de que deben suspenderse todas as accións formativas presenciais, no referido aos cursos de Formación en PRL, durante o tempo que establece a Resolución de 12 de marzo de 2020 da Secretaría xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

En base á RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19; o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de marzo de dous mil vinte, aprobou o acordo de Adoptar as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus “COVID-19”.

Nesta liña de actuación o Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, comunícanos con data 13 de marzo que: “Diante da situación orixinada polo Coronavirus, informámoslles de que deben suspenderse todas as accións formativas presenciais,  no referido aos cursos de Formación en PRL,  durante o tempo que establece a Resolución de 12 de marzo de 2020 da Secretaría xeral Técnica da Consellería de Sanidade (que se achega no arquivo adxunto DOG, 12 de marzo de 2020)”.

Documentos

Resolución de 12 de marzo de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS