Financiado por:
/ Portada / Formación

Suprímese a modalidade a distancia na formación en prevención de riscos laborais para o sector da construción

25-02-2016 - formación

O 23 de febreiro o BOE publicou a Acta de acordos sobre a modificación da regulación da tarxeta profesional da construción de acordo co estabelecido no V Convenio colectivo do sector da construción. Entre os cambios que se aprecian neste texto, está a adaptación da formación en prevención de riscos laborais motivada según se explica no mesmo pola recente modificación do Sistema Profesional para o Emprego, que suprime a modalidade a distancia.

Así, quedan como modalidades de impartición de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais para a construción, a presencial e a mixta (presencial e teleformación), indicándose así mesmo o número mínimo de horas presenciais dependendo do tipo de formación, que será:

-Presencial nos casos da formación incial (Primeiro ciclo de formación), contidos formativos en función do posto de traballo ou por oficio (Segundo ciclo de formación) e formación para traballadores polivalentes.

-Presencial ou mixta para administrativos (formación de 20 horas cun mínimo de 5 horas presenciais), directivos (10 horas de formación cun mínimo de 2.5 horas presenciais).

No caso do curso básico de prevención na construción (60 horas), poderá desenvolverse nas modalidades presencial ou mixta; no caso da modalidade mixta, a parte presencial terá unha duración mínima de 20 horas e o tempo mínimo que debe transcurrir dende a primeira sesión presencial e a última será de tres semanas.

Tamén se recollen cambios relativos á TPC. A partir de agora contará un código QR, que permitirá incluír máis información. Tamén se verán afectados os formularios de  solicitude e renovación e os certificados de empresa para acreditar a experiencia no posto e na categoría profesional dos titulares das TPC.

Ligazón ao BOE

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS