Financiado por:
/ Portada / Formación

Segundo o Colexio Profesional de Politólogos e Sociólogos, máis da metade das pemes non teñen formación en prl

06-03-2018 - FORMACIÓN

Segundo o Colexio existe un descoñecemento dos aspectos máis elementais en relación aos riscos laborais, tanto del marco normativo, como das responsabilidades, dereitos e deberes existentes no devandito ámbito.

A problemática é aínda máis evidente no sector dos autónomos/ as, no que un terzo destes profesionais descoñece como deberían actuar en caso de accidente durante a súa actividade profesional.

En relación ao control de riscos, ata o 30% das pemes admite que ningún risco laboral da súa empresa está do todo controlado.

Todo isto a pesar de que a formación en prevención de riscos laborais é unha das áreas de formación profesional que máis crecemento está a experimentar nos últimos anos, sobre todo de traballadores/as do sector de RRHH, onde o estudantado busca especialización na materia a nivel normativo e sobre todo en relación a casos prácticos de aplicación no día a día das empresas.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS