Financiado por:
/ Portada / Formación

Prevención de riscos laborais: oferta formativa. Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral. CIG

30-04-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - Boletín CIG-Saúde Laboral Núm. 38

A formación é unha ferramenta imprescidible na prevención de riscos laborais. A maiores da formación específica do posto de traballo, é importante coñecer aspectos xerais da normativa en prevención de riscos laborais e ter información sobre determinadas cuestións de carácter xeral, como por exemplo as relacionadas coa xestión da prevención na empresa, os dereitos e obrigas en materia preventiva ou a adopción de medidas preventivas.

Co ánimo de axudar a conquerir que todos poidamos ter unha certa cultura preventiva, dende o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG traballamos para poder ofertar actividades formativas sobre aspectos do desenvolvemento da lexislación preventiva que esperamos sexan do teu interese.

Atendendo á situación actual derivada da pandemia do covid-19 e tamén co ánimo de poder achegar a formación a persoas traballadoras que polas circunstancias do seu traballo, situación familiar ou lugar de residencia non teñen fácil acudir presencialmente a cursos de formación, este ano 2021 poñemos a disposición cursos en formato de teleformación; este formato permite o acceso aos contidos e ás probas de avaliación correspondentes en calquera momento, durante os días nos que esté dispoñible o curso, para que poidas traballar os contidos ao teu ritmo.

Todos os cursos contan cunha perso docente/titora para a resolución de consultas relacionadas cos contidos e probas de avaliación, a asistencia dun servicio técnico para as incidencias que poidan presentarse no emprego da plataforma de teleformación, así como certificación de ter superado o curso. Esta formación realízase co financiamento da Xunta de Galicia.

Para inscribirte son imprescindibles:

Adxuntamos información (título, datas de inscripción e realización, contidos a desenvolver) dos cursos nos que podes inscribirte seguindo os cauces habituais nos últimos anos.

 

 

Enfoque da prl dende unha perspectiva de xénero. 10 horas. Do 19 ao 27 de maio de 2021. Inscricións ata o 7 de maio de 2021.

Normativa e conceptos básicos /Riscos laborais asociados ás desigualdades de xénero / Factores específicos de risco e a súa prevención nos distintos sectores (sectores feminizados e masculinizados) / A violencia contra as mulleres no ámbito laboral / Prevención de riscos de orixe psicosocial / Medidas para a negociación colectiva. Plans de igualdade / Prevención de riscos laborais en situacións de embarazo e lactación / A prevención no manexo de tóxicos e o seu efecto no embarazo e a lactación. / Disruptores endocrinos, un risco emerxente.

 

Organización da prevención: figuras preventivas. 10 horas. Do 10 ao 18 de xuño de 2021. Inscricións ata o 31 de maio de 2021.

Organización preventiva; traballador/a designado, servizo de prevención / Figuras preventivas: traballador/a designado, recurso preventivo, delegado de prevención / Coordinador de actividades empresariais, coordinador de seguridade e saúde / Comité de Seguridade e Saúde / Representación das persoas traballadoras no Comité de Seguridade e Saúde.

 

Radon. Que tes que saber do radon? 20 horas. Do 15 ao 29 de xuño de 2021. Inscricións ata o 4 de xuño de 2021.

Introdución á radiación ionizante. O mapa de radon en Galiza / Medicións e verificación / Solucións técnicas de mitigación / Marco lexislativo (Euratom, IS-33, NP 440, CTE-DB6) / Valores de referencia de concentración / O radon como risco laboral / Valoración e documentación / Accións correctivas e preventivas.

 

PRL: grupos de especial protección. 10 horas. Do 23 de setembro ao 1 de outubro de 2021. Inscricións ata o 13 de setembro de 2021.

Introdución á prl / Protección das persoas especialmente sensibles / Protección da maternidade e a lactación natural / Protección dos menores de idade / Protección das persoas traballadoras e de ETT / Protección persoas traballadoras maiores de 55 anos.

 

A protección da saúde: mellora das condicións de traballo e adaptación de postos. 10 horas.  Do 28 de setembro ao 6 de outubro de 2021. Inscricións ata o 17 de setembro de 2021.

Conceptos básicos: marco normativo e avaliación de riscos / Procedemento adaptación de posto e condicións de traballo por razón de protección da maternidade e a lactación / Avaliación e adaptación de posto e condicións de traballo por razón de idade / Criterios para o deseño e adaptación dos entornos e postos de traballo / Adaptación transitoria ao traballo tras un período de incapacidade.

 

PRL: Dereitos e obrigas. Responsabilidades en caso de incumprimento. 10 horas. Do 5 ao 13 de outubro de 2021. Inscricións ata o 24 de setembro de 2021. 

Introducción á prl / Dereitos e obrigas das persoas traballadoras en materia preventiva / Obrigas empresariais: integración da prl no sistema xeral da empresa / Obrigas empresariais en situacións específicas (emerxencias, risco grave e inminente, coordinación empresarial) / Obrigas empresariais respecto a colectivos específicos: persoas especialmente sensibles, maternidade e lactación; menores de idade, persoas traballadoras temporais ou de ETT / Responsabilidades en caso de incumprimento.

INFO:  Atendendo ás solicitudes de ampliación de contidos recibidas a raíz da realización no ano 2020 do Curso Risco químico no sector da limpeza, prográmase o curso:  

PRL no sector da limpeza. 15 horas.  Do 27 de maio ao 8 de xuño de 2021. Inscricións ata o 14 de maio de 2021.

Conceptos básicos: traballo e saúde; Danos derivados do traballo / Marco normativo básico / Riscos específicos nos traballos de limpeza / Risco químico / Risco biolóxico / Manipulación manual de cargas e trastornos musculoesqueléticos. 

Documentos

ARTIGO 7 Boletin CIG Saude Laboral N 38 Version galego PROBA 4PAX.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS