Co financiamento de:
/ Portada / Formación

O estado español imprantará a prevención de riscos como materia universitaria.

10-05-2011 - Formación en prl

A Secretaria de Estado de Emprego, avanzou que o Ministerio de Traballo está ultimando un plan nacional, que incluirá materias específicas sobre prevención de riscos laborais en carreiras universitarias técnicas.

Tras a súa intervención no II Coloquio Europeo sobre seguridade e saúde na construción, a secretaria explicou en declaracións a Efe que o plan, elaborado en colaboración cos sindicatos e as patronais estatais, xa está "practicamente rematado" e previsiblemente aprobarase no próximo Consello Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

 

Con esta iniciativa o Goberno pretende impulsar a entrada no sistema educativo da prevención de riscos laborais, "non só como valor, senón tamén como contido específico", fundamentalmente en carreiras universitarias técnicas como enxeñerías e arquitectura, pero tamén en Formación Profesional (FP).

 

O obxectivo, é "irradiar" o valor da seguridade ao sistema educativo, porque "garantir a formación hoxe, evitará que mañá se produzan accidentes".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS