Financiado por:
/ Portada / Formación

O deterioro da saúde no traballo: transtornos musculoesqueléticos e outras doenzas

07-11-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

O pasado 23 de outubro celebrouse no Salón de Actos da "casa do chocolate" en Ourense, a Xornada Técnica "O deterioro da saúde no traballo: transtornos musculoesqueléticos e outras doenzas". A asistencia de delegados e delegadas foi elevada, motivada sen dúbida polo interés que suscitan os temas que se trataron.

Para desenvolver os contidos, contouse coa presenza como ponentes de Juan Carlos Blanco Doallo, Asesor Técnico da Dirección Provincial do INSS,
José Mª Álvarez Campana, representante de Mutua Gallega, Rocío de Frutos, Inspección de Traballo, Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, Ergónomo do ISSGA, Liliana Lafuente Acuña, Técnica do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG e Anxo Pérez Carballo, Técnico de PRL e membro da Executiva Confederal da CIG.

Como remate, desenvolveuse un coloquio no que participaron os ponentes e que rebasou con moito o tempo que estaba previsto para tal fin na organización do acto.


          

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS