Financiado por:
/ Portada / Formación

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais organiza unha xornada informativa sobre o traballo en altura

25-04-2012 - Universidade de Vigo

En Galicia prodúcense 3000 accidentes anuais como consecuencia de caídas en altura. As cifras demostran que queda moito por facer no eido da prevención de riscos laborais, un campo no que a Universidade de Vigo ten avanzado nos últimos anos, aprobando, por exemplo, "o Plan de Prevención da Universidade e desenvolvendo plans espacíficos de autoprotección para os centros así como simulacros e actividades formativas", como explica o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García.

A última destas iniciativas é unha Xornada de Traballos en Altura que se desenvolve ao longo desta semana nos tres campus cos que conta a Universidade de Vigo. Cada ano en Galicia prodúcense 3000 accidentes como consecuencia de caídas en altura. De feito, das 500 mortes ao ano que se producen en España por accidentes de traballo, o 8% débense a este tipo de incidentes, sendo a causa máis frecuente con medio cento de falecementos a nivel nacional. Os programas de prevención son instrumentos eficaces para frear esta drástica tendencia, motivo polo que o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade organizou esta primeira xornada formativa. Ao longo de todo o día, técnicos, especialistas, enxeñeiros e responsables de empresas ofreceron aos preto dun cento de asistentes un percorrido tanto polo equipamentos de seguridade, como polas medidas máis idóneas e as normativas, así como varios obradoiros prácticos no campus e nas sedes de empresas deste eido.

As caídas en altura, son a causa máis frecuente de morte en accidentes laborais e as súas consecuencias suelen ser moi graves.  Cun un investimento en torno a uns 40 €, custe aproximado dun arnés básico e cabo de ancoraxe, formación suficiente e un bo sistema de prevención para traballos en altura poden evitarse a maior parte deste tipo de accidentes. Esta cifra contrasta cos 377.000 euros que poden supor de custes medios os derivados dunha gran invalidez, aos que se suma o drama persoal e familiar, os custes sanitarios e prexuízos por condenas xudiciais para o empresario.

Fonte: Universidade de Vigo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS