Financiado por:
/ Portada / Formación

Finaliza a programación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais 2013

18-11-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Coa celebración da Xornada Técnica “O deterioro da saúde no traballo: transtornos musculoesqueléticos e outras doenzas", celebrada en Ourense , remata este ano 2013 a programación de actividades formativas en materia de prevención de riscos laborais promovida polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

A programación formativa proxectouse atendendo ás demandas realizadas polas distintas estruturas da CIG, tanto federativas como comarcais e locais, que perciben directamente as necesidades formativas en materia de prevención de riscos laborais que presentan os traballadoras e traballadores galegos.

Os grandes números indican que ao longo deste ano, impartíronse un total de 65 accións formativas  en 13 localidades das catro provincias galegas. En total beneficiáronse 1541 traballadores e traballadoras (tanto en activo como en situación de desemprego).

Así, 481 traballadores e traballadoras acudiron aos 26 Cursos Básicos en prevención de riscos laborais organizados, 806 aos 32 Cursos Monográficos, e 254 ás 7 Xornadas Técnicas programadas dende comezo de ano ata outubro. 

A programación íntegra, tanto deste ano 2013 como dos dous anos precedentes, está á vosa disposición no apartado calendario  da portada da nosa web, apartado no que se publican ao longo do ano actividades que  promove o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS