Financiado por:
/ Portada / Formación

Curso gratuíto de teleformación: PLAN DE EMERXENCIA

21-10-2020 - TELEFORMACIÓN

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG) abre a matrícula para o curso gratuíto de teleformación: Plan de emerxencia, que dará comezo o vindeiro 27 de outubro de 2020.

Un Plan de Emerxencia é un conxunto de accións ordenadas a realizar polo persoal do centro de traballo, no caso de que se produza un sinistro. O seu obxectivo final é fundamentalmente minimizar no posible os danos aos clientes, ao persoal traballador e ás propias instalacións.

A gran importancia do Plan de Emerxencia radica en que constitúe unha maneira de entrenar e estandarizar a reacción que deben ter as persoas que se atopan no momento da emerxencia nas instalacións do centro de traballo, ofrecendo confianza ás persoas traballadoras e reducindo a aparición de importantes riscos en situación dun gran perigo para a vida e a saúde das persoas.

Este curso ten data de inicio 27 de outubro de 2020. Estará dispoñible para a súa realización entre os días 27 e 30 de outubro.

As persoas que estean interesadas en realizar o curso deberán facilitarnos os datos que se relacionan no PDF adxunto e remitirnos os mesmos coa data tope do día 23 de outubro ás 13:00 horas.

 

PROGRAMA

TEMA 1
1. Introdución.
1.1. Lexislación.

TEMA 2.-
2. Plan de Autoprotección.
2.1. Aspectos primordiais a ter en conta
2.2. Contidos do Plan de autoprotección: avaliación do risco
2.3. Descrición do Plan de autoprotección
2.4. Medios de protección

TEMA 3.-
3. Plan de Emerxencia.
3.1. Contido do plan de actuación ante emerxencias
3.2. Instalacións de emerxencia
3.3. Dotación e características

TEMA 4.-
4. Implantación. Simulacros.
4.1. Plan de implantación
4.2. Simulacros

TEMA 5.-
5. Manexo de extintores.
5.1. Condicións de protección contra incendios nos edificios
5.2. Medios de extinción

Documentos

CURSO PLAN DE EMERXENCIA.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS