Financiado por:
/ Portada / Formación

Curso gratuíto de teleformación: AVALIACIÓN DE RISCOS E PLANIFICACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA

22-10-2020 - TELEFORMACIÓN

O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG) abre a matrícula para o curso gratuíto de teleformación: Avaliación de riscos e Planificación da actividade preventiva, que dará comezo o vindeiro 26 de outubro de 2020.

A avaliación de riscos busca identificar e eliminar riscos presentes na contorna de traballo así como a valoración urxente dos mesmos para poder actuar preventivamente o máis asiña posible.

Esencialmente consiste en examinar detalladamente todos os aspectos do traballo que poidan causar danos aos traballadores/as. Este  exámen non  estará completo se non recolle a opinión dos traballadores/as, porque son os e as que mellor coñecen o seu posto de traballo.

Así as cousas. O seu obxectivo é identificar os perigos derivados das condicións de traballo para:

Este curso ten data de inicio 26 de outubro de 2020. Estará dispoñible para a súa realización entre os días 26 e 29 de outubro.

Podes visualizar e imprimir o cartel con todos os datos no PDF adxunto

 

CURSO GRATUÍTO DE TELEFORMACIÓN  

Avaliación de riscos e Planificación da actividade preventiva

 Carga lectiva estimada: 4 horas

Data inicio: 26 de outubro

Data de remate: 29 de outubro

Dereito a certificación 

 

MATRICÚLATE EN:

gabinete@cigsaudelaboral.org ou

Chamando ao teléfono 981359449

(de 10 a 14 horas)

Deberás proporcionarnos:

-  Nome e apelidos;

-  Documento de identidade;

-  Correo electrónico;

-  Número de teléfono

-  Localidade de residencia e

-  Código postal.

Cando esteas matriculado, deberás facilitar dende a plataforma de teleformación a través da cal farás o curso, unha fotografía do teu carné de identidade.

 

PROGRAMA

TEMA 1.- Delimitación conceptual

• Avaliación de riscos: definición e concepto.

• Planificación da actividade preventiva: definición e concepto.

• Interrelación e interdependencia entre a avaliación de riscos e a planificación da actividade preventiva.

 

TEMA 2.- Avaliación de Riscos

• Identificación e valoración dos diferentes tipos de risco: factores de risco e deficiencias

Seguridade – Hixene – Ergonomía - Psicoloxía

• Cómo se realiza a avaliación de riscos?. Metodoloxía de avaliación e delimitación do ámbito de aplicación

• Qué elementos debe de conter?

• Para qué nos servirá a avaliación de riscos?

• Valoración dos riscos non evitables

 

TEMA 3.- Planificación da Actividade Preventiva

• Principios da acción preventiva

• Eliminar, controlar e reducir os riscos identificados na avaliación de riscos.

• Prioridades en función da magnitude de cada risco e o número de traballadores expostos aos mesmos.

• As medidas preventivas.

• Plan de medidas correctoras

Planificación da actividade preventiva: actuacións de xestión, imprantación ou melloras de procedementos sobre a base dos principios da acción preventiva:

• Asignación de responsabeis

• Estabelecemento de prazos de execución

• Dotación de recursos humanos, materias e económicos necesarios.

• Seguimento e control períodico.

• Revisión e actualización da Avaliación de Riscos e a Planificación da Actividade Preventiva.

• A participación dos traballadores/as. Traballo sindical nestas materias.

Controis periódicos das condiciones de traballo e de a actividade productiva; Si existen cambios, re-avaliación de

riscos; Información e formación dos traballadores; Vixiancia da saúde; Medidas de emerxencia; Notificación e investigación de accidentes


Documentos

CURSO AVALIACIÓN DE RISCOS E PLANIFFICACION ACTIVIDADE PREVENTIVA.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS