Financiado por:
/ Portada / Formación

Aprobado o Plan Nacional de Formación en prevención de riscos laborais

19-10-2011 - Desenvolvemento da Estratexia Española de Seguridade e Saúde 2007/2012

A Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2007-2012 constitúe o instrumento para establecer o marco xeral das políticas de prevención de riscos laborais no devandito período. Pretende dotar de coherencia e racionalidade as actuacións en materia de seguridade e saúde no traballo desenvolvidas por todos os actores relevantes na prevención de riscos laborais.

A Estratexia aborda a formación en prevención de riscos laborais fundamentalmente dentro do Obxectivo 6 (potenciar a formación en materia de prevención de riscos), pero tamén nos Obxectivos 1 (lograr un mellor e máis eficaz cumprimento da normativa, con especial atención ás PEMES), 2 (mellorar a eficacia e a calidade do sistema de prevención) e 8 (mellorar a coordinación institucional). Como colofón do obxectivo 6, a Estratexia contempla a elaboración un Plan Nacional de Formación en Prevención de Riscos Laborais, para ordenar de maneira racional as distintas actuacións que prevé a Estratexia neste campo. Así mesmo, no seu apartado 8.1, contémplase a creación, no seo da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, dun Grupo de Traballo sobre formación en materia de prevención de riscos laborais, como forma de mellorar a coordinación institucional e o deseño das políticas públicas nesta materia.

Este Grupo de Traballo elaborou un documento con diversos apartados ou fichas, que constitúe o Plan Nacional de Formación en Prevención de Riscos Laborais, cuxo texto final foi aprobado nos plenarios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo de datas 9 de decembro de 2010 e 21 de xuño de 2011.

O documento do Plan Nacional de Formación está dispoñible na páxina do INSHT e podes consultalo premendo aquí. (pdf, 562 Kbytes)

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS