Financiado por:
/ Portada / Formación

Aclaración sobre a formación de primeiro e segundo ciclo do V Convenio Xeral do Sector da Construcción

29-06-2015 - Formación

Debido ás dúbidas suscitadas acerca da convivencia da formación inicial de 8 horas e a formación por posto de traballo ou oficio, así como do contido concreto desta última, a Comisión Paritaria do Convenio considerou convinte realizar unha aclaración ao respecto. Así aparece puplicada no Boletín Oficial do Estado a Aclaración da Comisión Paritaria do Convenio acerca do disposto no artigo 138 b) do V Convenio Xeral do Sector da Construción ao redor da formación do primeiro ciclo e do segundo ciclo.

O V Convenio Xeral do Sector da Construción inclue un artigo 138.b) no que se pode ler:
 
«b) O segundo ciclo deberá de transmitir ademais da formación inicial, coñecementos e normas específicas en relación co posto de traballo ou o oficio.»
 
Con esta redacción as partes asinantes do V Convenio Xeral do Sector da Construción aclararan que a formación por posto de traballo ou oficio de 20 horas inclúe tamén a formación de Aula Permanente ou de 8 horas.
 
En todo caso a formación inicial continúa sendo eficaz e válida para a obtención da TPC.
 
Ademais en relación aos contidos formativos, se considera que a formación de 8 horas está na estrutura xa determinada das 20 horas.

Ligazón ao BOE

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS