Éxito de participantes nas actividades organizadas pola CIG30-04-2013 - PreviselPreto de 100 delegados e delegadas participaron este ano na Xornada Formativa organizada no marco de PREVISEL, Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, en Ourense. Así mesmo a CIG contou cun expositor informativo no que foron atendidas as cuestións que prantexaron os visitantes á feira . |
|---|
Na Xornada celebrada participaron como ponentes Margarida Corral Sánchez, Secretaria Confederal de Muller e Mocidade, Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíbel, Liliana Lafuente Acuña, Técnica de Prevención de Riesgos laborais do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e Zeltia Burgos Tortosa, Secretaria de Saúde Laboral de la CIG-Ourense.
Os temas que se desenvolveron centráronse nos riscos no embarazo e lactación e as prestacións por paternidade e maternidade. Así, se comentaron entre outros temas a importancia da protección dos riscos derivados do traballo para as mulleres embarazadas, os seus fetos e bebés e nais en período de lactación. Por outra parte, tamén se falou dos permisos e prestacións na maternidade e paternidade como parte fundamental dunha sociedade saudábel, na que o respeito polo traballo e a familia deben ser prioritarios: maior conciliación menor conflictividade laboral nas empresas, maior rendemento e menor absentismo laboral.