Financiado por:
/ Portada / Delegados

Xapón: multiplícanse os casos de morte por exceso de traballo

25-11-2016 - SAÚDE LABORAL

Cada ano morren xaponeses por apoplexías, ataques ao corazón ou suicidios relacionados co exceso de traballo. Tamén abundan a tensión, as desordes emocionais e de soño. Para que conte como un caso de karoshi a vítima ten que traballar máis de 100 horas extra no mes anterior á súa morte ou 80 en dous ou máis meses consecutivos do últimos seis.

Karoshi significa en xaponés morte por estrés laboral ou exceso de traballo,  e é un fenómeno social identificado en Xapón dende o ano 1987, cando o ministerio de Saúde empezou a recompilar estatísticas.

Segundo o Ministerio do Traballo de Xapón en 2015 o número de vítimas alcanzou as 2.310. Segundo o Consello Nacional en Defensa das Victimas de Karoshi, a verdadeira cifra pode chegar ás 10.000 vítimas anuais.

De acordo cunha enquisa realizada en 1989, 45,8% dos xefes de seccións e 66,1% dos xefes de departamentos nas compañías grandes pensaban que morrerían de tanto traballar. Para ese entón, había suficientes mortes de traballadores de pescozo branco por sobrecarga laboral como para que o goberno comezase a prestar atención.

Cando a burbulla da economía estalou a principios da década dos 90, a cultura do traballo en exceso empeorou aínda máis. Nos anos seguintes o karoshi alcanzou proporcións de epidemia. A cifra de mortes alcanzou picos dos que Xapón non se recuperou.

Unha quinta parte das compañías conta con empregados en serio risco de morte. O 22,7 % das 1.743 empresas recoñecen que os seus traballadores alcanzaron as 80 horas extras mensuais (unhas catro diarias). Nese limiar, xulgan as autoridades, empeza o perigo serio. No 11,7 % das compañías alcanzaron o límite legal do centenar de horas extras. O sector máis afectado é o tecnolóxico, seguido do académico e o de transportes.

Cada ano morren xaponeses por apoplexías, ataques ao corazón ou suicidios relacionados co exceso de traballo. Tamén abundan a tensión, as desordes emocionais e de soño. Para que conte como un caso de karoshi a vítima ten que traballar máis de 100 horas extra no mes anterior á súa morte ou 80 en dúas ou máis meses consecutivos do últimos seis.

No momento en que unha morte clasifícase como karoshi, a familia da vítima ten dereito a unha compensación automática a través dun tipo de sistema de beneficios dos traballadores. O número de reclamacións por casos relacionados por este tipo de morte chegou ao seu máximo histórico do 2.310 ata marzo, segundo o goberno nipón. A pesar diso, menos dun terzo destas solicitudes son resoltas de maneira favorable.

Hoxe en día o karoshi xa non é un drama exclusivamente xaponés. En China morren ao día unhas 1.600 persoas por guolaosi, que é como se coñece á morte por exceso de traballo nese país. India, Corea do Sur, Taiwan e China están a seguir os pasos que deu Xapón na posguerra cara a traballar longas xornadas. En moitos países, parte do problema non é a cultura de traballar duro, senón a necesidade de aparentar que o estás a facer, chegar temperán e ser dos últimos en sair, aínda que este comportamento sexa improdutivo.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS