Financiado por:
/ Portada / Delegados

Volume e ritmo de traballo aparecen como as principais causas do estrés laboral

20-06-2018 - Psicosocial

Estas son parte das conclusións do Informe Anual 2017 InfoJobs–ESADE sobre el Estado del Mercado Laboral a partires dos datos extraídos dunha enquisa realizada a un mostra representativa da poboación activa no Estado español e a máis de mil empresas. En torno a un 50% da poboación activa ocupada indica que está estresada; as persoas que declararon estar estresadas indicaron que o motivo principal éra o volume e o ritmo de traballo (un 57%), seguido da presión, (o 44%) e o nivel de responsabilidade (un 28%). Outras causas que tamén aparecen destacadas na enquisa son as responsabilidades ou roles pouco claros (un 27%) e a desmotivación polo traballo desempeñado (23%).

No caso das empresas, a enquisa indica que estas consideran como os principais motivos que xeran estrés, o volume e ritmo de traballo (49%) e a presión (48%), seguidos polo mal ambiente no traballo (44%), a desmotivación polo traballo desempeñado (33%) ou a incerteza (22%).

Segundo os datos extraídos da enquisa, o estrés é unha patoloxía bastante común, especialmente nas persoas que ocupan cargos de respnsabilidade ou lideran equipos. En relación á valoración do nivel de estrés, un 57% da poboación traballadora que afirma estar estresada considera que o seu nivel de estrés é alto e o 13% que é moi alto.

Se atendemos aos datos da última ‘Enquisa Nacional de Condicións de Traballo. 2015’, publicada polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, os problemas de saúde máis frecuentes que derivan do estrés son as doenzas localizadas en pescozo-ombreiro-brazo-mano ou nas costas (45% e 46%, respectivamente), o cansazo xeral (45%), a cefalea ou a fatiga visual (36%) e a ansiedade (17%).

Fonte: infojobs

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS