Financiado por:
/ Portada / Delegados

Vinteun meses de cárcere a un empresario polo accidente grave dun dos seus empregados

08-11-2018 - SENTENCA

A Audiencia Provincial de Xaen ten confirmado a condea de 21 meses de cárcere para o propietario dunha empresa de Martos adicada á pintura de edificios, polo grave accidente laboral que sufriu un dos seus empregados. O traballador precipitouse dende o tellado da nave que estaba a pintar nun polígono industrial. A caída dende nove metros de altura foi dunha extraordinaria dureza, a resultas da cal o traballador resultou gravemente ferido e estivo case dous meses hospitalizado.

Neste caso, a Xustiza considerou que o accidente se debeu a que o patrón non adoptou nin facilitou as medidas de seguridade necesarias: en concreto, non había puntos de ancoraxe, nin liñas de vida, nin arneses para o amarre, elementos que podrían ter evitado o sinistro. Dáse a circunstancia de que o empresario, xa contaba con antecedentes penais por un delito semellante contra a seguridade dos traballadores. En concreto, no ano 2011 foi condenado polo Xulgado do Penal número 2 a 18 meses de prisión, polo accidente mortal que sufriu outro dos seus traballadores.

O segundo dos accidentes, no que o empregado resultou gravemente ferido, produciuse o 29 de maio do ano 2012. A vítima atopábase no tellado dunha nave pintando xunto a un compañeiro. A cuberta era metálica, pero tamén tiña intercaladas pezas traslúcidas de pouca resistencia. O empregado levaba un compresor e para poder realizar a tarefa encomendada, tiña que ir camiñando cara atrás. Nun determinado momento, non viu unha das placas menos resistentes. Cando a pisou, o chan afundiuse baixo os seus pés e caeu ao baleiro dende uns nove metros de altura. O feito de poder agarrarse á mangueira do compresor minimizou as consecuencias do impacto, tal e como se describe na sentenza. Con todo, sufriu varias fracturas e tardou case dous anos en volver valerse por si mesmo.

O patrón, no xuízo, insistiu en que él cumprira todas as normas sobre prevención de riscos laborais. Fixo fincapé en que facilitou ao traballador lesionado todos os medios individuais de seguridade. É máis, responsabilizou ao empregado de non utilizalos e insinuou que a súa actitude foi neglixente ao inxerir bebidas alcohólicas. Repetiu os mesmos argumentos no recurso exposto ante a Audiencia Provincial de Xaén. Todas as súas alegacións foron rexeitadas polos maxistrados, que ratificaron integramente a sentenza. É dicir, impúsollese un castigo de 21 meses de cárcere e o pago dunha indemnización de 102.872 euros á vítima, polas feridas e polas secuelas que sufríu a resultas do accidente. Ao traballador declaróuselle unha incapacidade permanente. O empresario carecía de seguro de responsabilidade civil que cubrise esta continxencia. A resolución xa é firme e de obrigado cumprimento.

Fonte: Diariojaen.es                                       

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS