VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo de 201121-08-2012 - INSHTEn 2011 o INSHT realizou a VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo (VII ENCT) cuxo obxectivo é, como as súas precedentes edicións, obter información fiable sobre as condicións de traballo dos distintos colectivos de traballadores mediante a información que subministran os propios ocupados. | ![]() |
|---|
O documento que se presenta é a primeira explotación dos resultados da VII ENCT. Non obstante, outras análises máis pormenorizadas serán publicadas proximamente.
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) como órgano científico-técnico da Administración Xeral do Estado, e dependente da Secretaría de Estado de Emprego, ten encomendada, entre as súas funcións máis relevantes, a de manter un coñecemento actualizado das condicións en que os traballadores realizan o seu traballo en España.
Para iso, un dos instrumentos fundamentais cos que conta é a Enquisa Nacional de Condicións de Traballo (ENCT), investigación que vén realizándose periodicamente dende 1987.
Dende o seguinte enlace podes acceder á VII Enquisa Nacional de Condicións de Traballo de 2011.