Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha sentenza recoñece como enfermidade profesional o cancro de esófago por exposición a amianto

22-11-2016 - SENTENZA AMIANTO

A sentenza é especialmente transcendente tendo en conta que o cancro de esófago non está incluído no baremo oficial de enfermidades profesionais.

O traballador, que traballara dende facía 20 anos na fabricación de amianto en Castelldefels,  morreu no 2014 debido a un cancro de esófago e a Seguridade Social recoñeceu á súa viúva unha pensión derivada de enfermidade común.

A sentenza admite que o traballador estivo a exposto a outros factores de risco de desenvolver cancro de esófago, xa que foi fumador durante 26 anos, pero resalta que esa adicción non esa unha causa senón que actúa como efecto multiplicador nas enfermidades derivadas de inhalación de asbesto.

O Xulgado do social número 3 de Barcelona recoñeceu como enfermidade profesional o cancro de esófago que causou a morte do empregado, estima a demanda presentada pola viúva, e obriga á Seguridade Social a incrementarlle a pensión de viuvez ata o 52% da base reguladora.

A sentenza é especialmente transcendente tendo en conta que o cancro de esófago non está incluído no baremo oficial de enfermidades profesionais.

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca RSS