Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha sentenza do TSX do País Vasco considera accidente laboral unha caída no tempo de descanso

15-11-2016 - SENTENZA

O 26 de xuño de 2015, a psicóloga deixou a consulta onde traballa no centro de saúde de Durango para tomar un café durante os 15 minutos de descanso que os empregados teñen establecido para as xornadas que superan as seis horas.

Nesa saída, caeu ao chan e golpeouse un cóbado o que lle obrigou a coller unha baixa médica durante algo máis dun mes. A muller acudiu ao médico da mutua tras o accidente e lle pautou a baixa como enfermidade común, mentres que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) determinou que o contratempo sufrido era un accidente laboral.

Un xulgado de Bilbao estimou en primeira instancia os argumentos de Mutualia e considerou que a situación de incapacidade temporal da traballadora estaba causada como accidente non laboral. A maxistrada que fallou a favor da mutua negou que o "evento" se producira "con ocasión ou consecuencia do traballo" e que a lesión "tampouco se produce no lugar de traballo"

O máximo tribunal vasco desmonta esta tese, para o que se acolle á interpretación que fai o Tribunal Supremo nunha extensión da consideración do que supón un accidente de traballo. A Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco fallou que a baixa deriva dun accidente de traballo e non de enfermidade común, como pretendía a mutua.

O TSXPV sostén, que a caída "produciuse con ocasión do traballo", dado que o tempo de descanso é "equiparable a tempo de traballo". "Non cabe considerar que esteamos ante unha saída desvinculada co traballo que ata instantes antes realizouse", senón que "o elemento lesivo produciuse con ocasión do traballo", asegura na súa sentenza a Sala do social de Bizkaia. E abunda que "se ha de considerar non só o traballo en sentido estrito, senón tamén as actividades normais da vida do traballo".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS