Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha sentenza da Audiencia Nacional equipara os dereitos dos/as traballadores/as de ETT e da empresa usuaria en materia de igualdade

08-02-2018 - SENTENZA

Tras unha demanda interposta por varias organización sindicais, a Audiencia Nacional ten ditado unha importante sentenza, que declara o dereito do persoal contratado a través de empresas de traballo temporal ( ETT) na empresa Qualytel Teleservices, a que se lles apliquen as medidas acordadas no plan de igualdade desta compañía, xa sexan de nova creación ou por ampliación das recollidas no Convenio Colectivo de Contact Center.

Na práctica trátase da primeira sentenza deste tipo a nivel estatal na que se recalca a equiparación dos dereitos entre traballadores/as de empresas usuarias e de ETT.

Qualytel Teleservices conta cun persoal duns 6.500 traballadores/as, dos que aproximadamente o 25 % están cedidos temporalmente por ETT. Esta sentenza sitúa aos traballadores/as de empresas de traballo temporal nunha posición equiparable aos traballadores/as da empresa usuaria cando realizan as mesmas funcións. Supón, ademais, respectar o espírito da normativa que regula as empresas de traballo temporal, xa que a realidade é que veñen recorrendo ás ETT non para casos de especialidade produtiva, senón realizando un uso perverso da normativa coa finalidade de rebaixar as condicións laborais.

Esta sentenza interpreta o artigo 11 da Lei 14/1994 das Empresas de Traballo Temporal, a cal, na súa última reforma incorpora ao dereito español a Directiva 2008/104/CE sobre o principio de igualdade de trato.

Fonte: RRHHpress

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS