Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha sentenza da Audiencia Nacional determina que os delegados de prevención teñen pleno dereito a recibir unha copia dos informes de accidentes realizados pola empresas

02-03-2015 - Sentenza

Segundo sentencia do 30/10/2014 da Sala do Social da Audiencia Nacional, en relación á demanda presentada contra a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A. e contra a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Fraternidade Muprespa, por realizar prácticas que, cando se produce un accidente de traballo ou unha enfermidade profesional, inclúen a ocultación ou denegación do informe de investigación preceptivo aos delegados de prevención e aos representantes sindicais, estes sí teñen dereito a recibir unha copia dos informes de accidente realizados pola empresa.

Tal és así, que o artigo 36.2.b da Lei de Prevención de Riscos Laborais atribúe aos delegados de prevención o dereito de acceso, coas limitacións previstas no apartado 4 do artigo 22 desta Lei, á información e documentación relativa ás condicións de traballo que sexan necesarias para o exercicio das súas funcións e, en particular, á prevista nos artigos 18 e 23 desta Lei, engadindo que, cando a información estea suxeita ás limitacións salientadas, só poderá ser subministrada de maneira que se garanta o respecto da confidencialidade.

O artigo 23 da Lei supón que o dereito de información dos delegados de prevención ten a mesma extensión que a potestade informativa da propia autoridade laboral neste ámbito, posto que o devandito artigo define a documentación que o empresario debe elaborar e conservar a disposición da autoridade laboral. A denegación do devandito acceso aos delegados de prevención equivale a unha denegación de acceso á propia autoridade laboral.

O devandito artigo contempla o dereito de información da autoridade laboral e polo tanto dos delegados de prevención, respecto á "avaliación dos riscos para a seguridade e a saúde no traballo, incluído o resultado dos controis periódicos das condicións de traballo e da actividade laboral dos traballadores, de acordo co disposto no parágrafo a) do apartado 2 do artigo 16 desta lei".

Así a sentenza dá a razón ás organizacións sindicais, en tanto en canto o acceso aos resultados da investigación de accidentes forma parte do dereito de información sobre a avaliación de riscos, tendo tanto a autoridade laboral coma os delegados de prevención pleno dereito de acceso a estas investigacións e informes.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS