Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha empresa terá que pagar 80.000 euros a un traballador por un accidente

26-11-2013 - Accidente laboral

O Xulgado do Social número 4 de Málaga condenou a unha empresa e á súa aseguradora a pagar de forma solidaria a cantidade de 80.300 euros a un traballador que resultou ferido nun accidente, tras explotar unha botella con sustancias químicas. Considérase probado que a empresa non tiña un plan de traballo para a retirada dese material nin outras medidas de seguridade.

Así, o xulgado estima parcialmente a demanda presentada en nome do traballador, contra a empresa, a aseguradora, a administración concursal Isofotón e o fondo de garantía salarial, solicitando unha indemnización por considerar que existía responsabilidade no accidente de traballo e había neglixencia da sociedade demandada.
A sentenza considera probado que o prexudicado, que traballaba en Isofotón desde 2000 e tiña categoría de oficial de difusión, descargou en febreiro de 2010 o contido dun matraz do forno de difusións nunha botella situada nunha vitrina, a cal contiña un composto químico e pechou a botella, tras o que se quitou a máscara facial e foi á súa taquilla para gardala.
Cando volveu para limpar e gardar os instrumentos utilizados, "produciuse a explosión da botella rompendo o cristal esquerdo de protección da vitrina, alcanzando anacos de cristal e parte do produto na cara, o ollo e as costas" do traballador. A explosión, di a resolución, produciuse por unha reacción química dentro da botella, sendo o produto que había "altamente perigoso".
"A empresa carecía dun plan de traballo para a retirada do produto do matraz á botella, a vitrina onde estaba a botella era inadecuada para soportar o risco de explosión e o traxe usado polo traballador só estaba preparado para o risco de inhalación e contacto", sinala a sentenza.
O traballador estivo impedido 240 días a consecuencia deses feitos, padecendo de forma permanente insuficiencia respiratoria e prexuízo estético por queimadura, polo que se declarou a situación de incapacidade para a súa profesión.
Tras a análise da documental, determínase que o risco de explosión "era real" e, con todo, "non estaba previsto pola empresa nin nos seus plans de traballo nin nas medidas de seguridade e hixiene a aplicar, existindo unha incorrecta avaliación de risco do posto de traballo". Así mesmo, engádese que ese risco se tivo que prever "se se empregou a dilixencia exixible e adecuada por parte da empresa".
De feito, a resolución precisa que tras o accidente "modificouse o método de traballo, agora seguro". Así, conclúese que hai un nexo causal "pois se a empresa establecese un plan de traballo para a retirada do produto químico, proporcionase traxe adecuado e situase as botellas nunha vitrina con cadro de seguridade, de producirse o risco -explosión- non causase ningún dano ao traballador", di a sentenza.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS