Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha app para medir o estrés

29-12-2014 - PSICOSOCIAL

A Occupational Health Clinics for Ontario Workers (OHCOW), coa axuda do Centro Canadense para a Saúde e Seguridade Ocupacional (CCOHS), elaborou unha aplicación para teléfonos intelixentes (app) que permitirá ao usuario completar o Cuestionario Psicosocial de Copenhaguen (CoPsoQ) e obter os resultados automaticamente.

Despois de iniciar a aplicación, ao usuario pídeselle que responda a 25 pantallas de preguntas sobre as esixencias do traballo, factores organizativos, as relacións, os valores do lugar de traballo, as preocupacións de saúde e seguridade, os síntomas de estrés e os comportamentos ofensivos.

Na páxina de resultados, cada ítem puntúase en comparación cunha poboación de referencia para que se poida establecer unha comparación. Para os items nos que o puntaxe é peor que o da poboación de referencia, é posible facer clic nunha icona que leva a unha ventá emerxente que describe algunhas ideas sobre como tratar con ese factor en particular.

Idealmente, esta enquisa debe facerse sobre unha base de grupo, pero esta aplicación permite ao usuario individual obter unha "sensación" dos factores incluídos na enquisa e dá ideas sobre como mellorar as condicións psicosociais no traballo.

Descarga da APP

 

Fonte: OHCOW

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS