Financiado por:
/ Portada / Delegados

Unha agresión no posto de traballo si é accidente laboral.

26-11-2014 - ACCIDENTE LABORAL

O Xulgado do Social n.º 2 de Pamplona resolve contra as resolucións da Mutua e o INSS que consideraron que non era accidente laboral.

Suceso acontecido a unha traballadora social que atendía a un usuario que quería solicitar unha axuda e no curso da entrevista se puxo violento, dando berros, ameazándoa e dando golpes na mesa.

A sentenza resolve que as consecuencias dunha agresión sufrida no traballo e durante a xornada laboral deben ser consideradas accidente de traballo sempre que exista lesión, dano e nexo causal.

Afirma o xuíz que: "... de postularse que as motivacións da agresión son alleas ao traballo é cuestión fáctica que corresponde acreditar aos demandados, o que no presente caso non foi sequera intentado".

Isto foi o que alegaron a Mutua e o INSS, baseándose na personalidade violenta do usuario.

A sentenza determina cando non debe considerarse accidente de traballo, entendemos que por romperse o nexo causal: "A única excepción... encóntrase nos supostos nos que a agresión é debida ou motivada por resentimentos ou motivos persoais absolutamente alleos ao traballo".

No fundamento de dereito segundo o Xuíz cita dúas sentenzas de dous Tribunais Superiores de Xustiza, ás que engade no fundamento de dereito cinco sentenzas do Tribunal Supremo e outras cinco de distintos Tribunais Superiores de Xustiza, sentenzas ditadas entre 1975 e 2006. En total son doce sentenzas no mesmo sentido.

Descoñecemos se é un intento do Xuíz de ensinarlles ás partes demandadas as regras do xogo, pero por esta recompilación realizada debemos cualificar esta sentenza de exemplar.

Destacar tamén que esta petición, sobre a que tanto a MUTUA como o INSS resolveron en contra en fase administrativa, realízase polo importe correspondente a un total de sete días naturais.

Ligazón á Sentenza

 

FONTE: AEPSAL

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS