Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un informe novo presenta modos de mellorar a prevención do cancro relacionado co traballo

06-02-2015 - EU-OSHA

Un informe da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no traballo (EU-OSHA) sobre o cancro relacionado co traballo ten o propósito de examinar os métodos de avaliación actuais. Ofrece recomendacións para solucionar as deficiencias existentes nos nosos coñecementos actuais, un labor crucial se desexamos mellorar a identificación e a prevención do cancro relacionado co traballo.

No informe examínanse factores químicos, biolóxicos, organizativos e físicos que poden contribuír ao cancro de orixe profesional. Así mesmo fai referencia á necesidade de ter en conta o ámbito de traballo actual: aumento da subcontratación, a temporalidade, o pluriemprego, o traballo estático, o emprego feminino en profesións nas que se produce exposición a carcinóxeno, os horarios de traballo atípicos, as exposicións múltiples e os grupos con especial vulnerabilidade ao cancro (mozos, mulleres, traballadores/ás sometidos/ás elevados niveis de exposición, condicións precarias...)

Entre as conclusións do informe encóntrase a necesidade de aumentar os coñecementos sobre o cancro relacionado co traballo. Así considéranse imprescindible entre outras actuacións, o intercambio de información a escala internacional e a ter en conta riscos novos e emerxentes, entre os que se citan aqueles que poden producir os nanomateriais, os alteradores endócrinos, o traballo en posición estática e o traballo por quendas e nocturno.
En canto a medidas preventivas, o informe indica que o máis eficaz é evitar a exposición; para iso son necesarios esforzos nos ámbitos lexislativo, de sensibilización, implantación de medidas preventivas, control da aplicación e cumprimento das devanditas medidas e a redución de barreiras á indemnización.

Acceso ao informe

Máis información sobre o cancro relacionado co traballo en OSHwiki

Resumo do seminario sobre substancias carcinóxeno e cancro relacionado co traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS