Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un estudo proba que a xornada laboral extensa baixa a produtividade

26-03-2014 - PSICOSOCIAL

Aínda que a primeira vista pareza que traballar máis significa render máis, isto non é necesariamente certo. Hoxe máis que nunca a calidade non vai da man da cantidade, e proba diso é que o Center for a New American Dream publicou recentemente un estudo baseado nunha serie de estatísticas que propón un recorte da semana laboral e o aumento da produtividade.

Entre os argumentos para soster esta proposición está que as persoas que traballan 11 horas ao día teñen 2,5 veces máis posibilidades de deprimirse e 60% máis probabilidades de ter unha enfermidade cardíaca.

Así tamén, 75% dos pais que traballan 8 ou máis horas de luns a venres din non ter suficiente tempo para dedicarse aos seus fillos, e o 59% non ten suficiente tempo para si mesmo. Basicamente, aqueles que traballan en exceso comprometen a súa saúde e a súa vida familiar, o que os leva a baixar o seu rendemento.

Esgotamento cognitivo

 

Segundo a psicóloga Karen Guerrero o principal risco de traballar en exceso é a síndrome de Burnout ou "de queimarse, que se refire ao esgotamento das ferramentas cognitivas produto do cansazo,".

"É típico ver falta de concentración e memoria, aumento da ansiedade, síntomas depresivos, dores musculares, trastornos de sono e dores de cabeza", comentou.

A experta explicou que cando hai que cumprir moitas horas as persoas tenden a dividir as tarefas en moito tempo e se retardan: "Se tes que cumprir coas 8 horas fas moitos recreos ou das máis rodeos. En cambio, se te din 'ao rematar isto podes irte, obviamente motívaste en rematar algo", sinalou.

 

Fonte: Vida Actual

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS