Financiado por:
/ Portada / Delegados

Un empresario condenado a dous anos e dez meses de cadea pola morte en accidente laboral dun traballador que tiña sen contrato e sen seguro

17-08-2016 - SENTENZA

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Donostia -San Sebastián-, condenou a un contratista a penas que suman dous anos e dez meses de prisión pola morte dun traballador, sen contrato nin seguro, que realizaba obras de mellora no patio do Colexio San Luís de La Salle de San Sebastián. Ademais, o empresario deberá abonar indemnizacións por un importe total de 209.529,5€.

O traballador accidentado de 49 anos e nacionalidade xeorxiana, sufriu unha caída dende cinco metros de altura, que lle produciu un grave traumatismo cranioencefálico a consecuencia do cal faleceu.

A caída produciuse ao pisar unha cuberta fráxil rompéndose, de maneira que o traballador precipitouse polo oco aberto, dende unha altura aproximada de 5 metros, impactando contra o chan, sufrindo un grave traumatismo cranio-encefálico que lle ocasionou a morte por destrución de centros encefálicos sobre as 13:20 horas do día 2 de agosto do ano 2011.    

A obra en cuestión adoecía de graves deficiencias en materia de seguridade que foron determinantes na produción do accidente. A causa directa do mesmo foi que, a pesar de que a cuberta sobre a que traballaban era unha superficie fráxil, non existían sistemas de protección adecuados para evitar que os traballadores pisasen inadvertidamente a cuberta, nin medidas de protección que eliminasen o risco de caída en altura:

Tras o accidente, o contratista alterou o orzamento inicial e manipulou un documento. Por todo iso, foi declarado autor dun delito contra os dereitos dos traballadores, outro de homicidio por impudencia e un terceiro de falsificación de documento mercantil.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS